Emprego crea unha campaña de promoción do comercio de proximidade
O concelleiro de Emprego, Delfín Fernández, afirmou que Vigo se consolida como primeira potencia comercial de Galicia con 4.500 establecementos que facturaron 1.700 millóns de euros no pasado ano.
Baixo o lema "O comercio fai cidade", a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, no marco do Servicio a emprendedores (SAE-Comercio), porá en marcha este mes unha campaña de promoción do pequeno e mediano comercio, na que a través de valados publicitarios, rotulación externa en autobuses e carteis informativos se pretende concienciar os cidadáns da importancia deste sector como elemento dinamizador económico e social das cidades, neste caso de Vigo.
O Sae-Comercio, que promove esta campaña informativa cun custo de 10.247 €, é un proxecto piloto que se realiza desde o mes de outubro, a través dun convenio con Caixanova, e que ten por obxecto acadar unha maior profesionalización e unha imaxe máis coherente do Vigo comercial.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, destacou que das 1.736 persoas que recibiron asesoramento para crear unha empresa, desde o inicio do Plan municipal de emprego no ano 2000, o 60% estaban interesadas en ser emprendedoras no sector do comercio. Por outra parte, e tamén como unha das razóns da aposta do Plan municipal de emprego polo sector, Fernández cifrou en 14.175 as persoas empregadas no pequeno e mediano comercio da cidade.
O Sae-Comercio, na mesma liña da campaña de promoción "O comercio fai cidade", ten previsto organizar un programa de seminarios, dirixidos ós comerciantes, no que se abordarán temas como os centros comerciais abertos, a integración de mercado, ocio e comercio e as claves do éxito do sector.