O 40% das usuarias do Centro de información da muller padece situacións de violencia
A concelleira Ana Gandón explicou a memoria do Centro municipal de información dos dereitos da muller que atendeu no ano pasado a 990 mulleres que requiriron programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.
O 40% das mulleres que solicitaron información neste centro durante o 2002 padecen situacións de violencia e realizan unha media de tres visitas anuais. Máis de 300 usuarias tiñan idades comprendidas entre os 26 e os 35 anos e 562 estaban casadas. Isto demostra que, cada vez, as mulleres máis novas non sosteñen situacións de violencia de xeito prolongado, aínda que actualmente as de máis idade tamén se atreven a dar o paso de pedir asesoramento para poñerlle unha denuncia ao agresor.
A psicóloga Felisa Balboa afirmou que a maioría das mulleres que demandan atención psicolóxica neste centro teñen problemas específicos derivados de situacións de violencia, polo que constitúe unha vía de entrada á Casa de acollida para mulleres maltratadas, así como ao Servicio de atención domiciliaria á infancia.
Ofrécese un programa de asesoramento e asistencia xurídica no que se atenden consultas penais, de dereito e de familia, de seguimento nos procesos penais e de familia e préstase asistencia nas xestións xurídicas que procedan. Solicitudes frecuentes son asesoramento sobre a xustiza gratuíta e sobre cómo presentar unha denuncia.
Son usuarias do Centro municipal de información dos dereitos da muller persoas de todas as clases sociais, niveis culturais, con ou sen independencia económica e apoio social e familiar. Apréciouse durante o 2002 un notable incremento de consultas por parte de mulleres estranxeiras. Outra das prestacións deste centro é o servicio de atención á infancia, coñecido como canguro, que permite que as mulleres poidan traballar ou dispór de tempo libre cando son elas as responsables dos fillos.
---------
Horario e contacto:
O CMIDM está na rúa Romil, número 20. 36203 Vigo.
Aberto de luns a venres de 10:00 a 14:00 e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
Teléfono e fax: 986 29 39 63.