O novo convenio entre Festas e o cine Club Lumière garante a continuidade da programación
O acordo de cooperación abrangue 9.000 euros e a cesión do auditorio municipal para as proxeccións

A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, a presidenta do cineclub, Anabel González e a súa directora, Emilia López, presentaron o novo convenio que incrementa en 3000 euros a axuda municipal anterior.
Abelairas, cunha camiseta de non á guerra, comezou a súa intervención demandando "que pare o ataque ao Iraq. Hai moita xente a sufrir e a morte dos soldados non se pode denominar accidente". A concelleira sinalou a estabilidade que o novo acordo proporcionará as actividades do cineclub que no 2003 cumpre dez anos de traballo na cidade.
Pola súa banda, Emilia López lembrou o labor do Lumière "ofrecer filmes en versión orixinal que amosan outra realidade política, social e cultural; que xunto ao lecer propician a reflexión sobre o mundo". Asemade, López denunciou a presión das distribuidoras norteamericanas "para que se estree o que lles interesa. Se unha sala non o secunda, ten problemas".
"Amén" de Costa Gavras, será o próximo filme proxectado polo cineclub o luns, 24 de marzo. A película, descualificada polo Vaticano, aborda o papel pasivo, cando non discutible, da igrexa católica durante o réxime da Alemaña nazi.
Descargar todas as imaxes