xoves, 27 marzo 2003

Cerimonia de entrega da Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos

xoves, 27 mar 2003

O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, outorgaralle a Medalla da Cidade ao xornal Faro de Vigo no transcurso do acto de conmemoración da Reconquista da Cidade o xoves 27 ás 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia tamén se fará a entrega dos galardóns aos vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2003.

Presentación do conto de Carlos Casares "O galo de Antioquía"

xoves, 27 mar 2003

O concelleiro de Cultura, Carlos príncipe, a viuva do escritor Kristina Berg e Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia presentaron hoxe ós medios de comunicación O galo de Antioquía, un conto de Carlos Casares que non tivera ocasión de chegar ó gran público, porque con anterioridade se publicara de xeito minoritario en revistas e coleccións privadas.