Escoitar

O Concello subvenciona a rehabilitación da fachada do edificio “Bonin”

O Goberno Municipal acordou subvencionar con 30.050 euros os traballos de rehabilitación do edificio “Bonin” de Jenaro de la Fuente, no número 40 da rúa Areal. A subvención corre a cargo do programa de rehabilitación de fachadas e mellora do medio urbano impulsado pola Concellería de Patrimonio Histórico.

mércores, 26 mar 2003
1048686199bonin11.jpg
Edificio Bonín
As obras de rehabilitación consistirán basicamente en:

- Limpeza co sistema de areado húmido, e posterior hidrofugación da pedra das fachadas principal, traseira, paredes medianeiras e paso interior, con tratamento antigrafiti na planta baixa da fachada principal e paso interior, picado previo do morteiro e do piche existentes e posterior rexunteo nas paredes medianeiras.
- Tratamento da carpinteria da fachada principal mediante lixado, saneado, imprimación e aplicación de esmalte.
- Tratamento da cerraxería das fachadas principal e traseira mediante reparacións mecánicas consistentes na sustitucións de pletinas, revisión das decoracións do barandal, axuste da remachería e enderezado de balaustres; substitución de pasamans; limpeza xeral, lixado, imprimación e aplicación de pintura antioxidante.
- Substitución de baixantes na fachada traseira e paredes medianeiras.
- Aplicación de revestimento impermeabilizante en medianeira dereita e zona de paso.

O importe da subvención ascende a 30.050,60€, debendo aportar a propiedade a parte restante por un importe de 61.583,31€.

O programa de rehabilitación de fachadas do Concello de Vigo está a impulsar o arranxo dun importante número de edificios senlleiros da nosa cidade como o Sanchón, en Policarpo Sanz; ou Curbera, en García Barbón.
Descargar todas as imaxes