"Unha vida por diante", exposición de fotografía de persoas con síndrome de Down
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e a Asociación para o síndrome de Down de Pontevedra, entidade ubicada en Vigo, inauguraron na lonxa do Concello a exposición fotográfica "Unha vida por diante" e que se amosará ata o 6 de abril.
A mostra realizada polo fotógrafo Roberto Villagraz, que conviviu con persoas con síndrome de Down na súa vida cotiá, é un traballo de 60 imaxes seleccionadas de entre máis de 2.000. Son sesenta imaxes na que se ven, sobre todo, miradas. E nesas miradas descúbrese preocupación, alegría, temor, esperanza, interese, esforzo, cariño,abnegación... expresións e sentimentos normais... en situacións normais, cotiás.
A exposición está percorrendo todo o territorio español e estará en Vigo, na lonxa do Concello ata o 6 de abril. O obxectivo da exposición é dar a coñecer con maior profundidade a realidade, as necesidades e as potencialidades das persoas con síndrome de Down.
A mostra está organizada pola Federación de Institucións para o Síndrome de Down coa participación de Caja Madrid, Fundación Once, Fundación Inocente, CERMI, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Fundación Académica Europea de Yuste.
A Asociación para o síndrome de Down de Pontevedra está na rúa Manolo Martínez 1-1º dereita en Vigo, e o seu teléfono é o 986.201.656.
Descargar todas as imaxes