Escoitar

Conferencia sobre kaiak de mar do ciclo audiovisual "Natureza sen límite"

"Alaska en kaiak de mar" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 26 de marzo no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.

martes, 25 mar 2003
A conferencia estará a cargo de Emilio Regueira Núñez, membro do Club Montañeiros Celtas, residente en Porto do Son e percorreu en kaiak de mar a costa galega nunha travesía que partíu de Asturias e rematou en Portugal, o que o animou a preparar unha viaxe pola costa de Alaska. Emilio Regueira falará sobre esta aventura americana, na que estivo acompañado por Fran Torrado e José M. Vázquez, pola rexión do Glacier Bay e nos estreitos e bahías das Illas Chichagof e Admiralty.

No audiovisual aparecen eses lugares dunha importante beleza e un entorno natural en estado puro. A expedición percorreu a costa mariña nunha embarcación moderna en canto a costrucción, pero deseñada hai máis de catro mil anos de e que servíu ós pobos do Ártico para cazar, pescar e trasladarse.

Regueira contará esta experiencia, na que se mesturan a dureza do deporte do kaiak de mar co fascinante descubrimento de novos espacios naturais.