Recoñecemento aos empresarios colaboradores na limpeza da marea negra
O alcalde, Lois Castrillo, entregoulles unha placa aos empresarios que cederon productos para os voluntarios na limpeza da marea negra.
O alcalde, Lois Castrillo, entregoulles unha placa aos empresarios que cederon productos para os voluntarios na limpeza da marea negra.
A concelleira da Muller, Ana Gandón, presentou a memoria do servicio de atención domiciliaria á infancia mediante un convenio asinado con Mulleres Progresistas que quere facer compatible a vida laboral e familiar.
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns está colocando novos xogos adaptados á normativa europea en varios parques infantís da nosa cidade.
Insírese dentro do Plan de Calidade Turística
O proxecto “Abeiro”, promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego e que conta cunha subvención do Fondo Social Europeo, comeza a súa andadura co obxecto de capacitar profesionalmente a mulleres desempregadas da cidade para acadar a súa inserción laboral no sector de servicios de atención a persoas con especiais dificultades, como son os colectivos da terceira idade e o dos enfermos mentais.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e a Asociación para o síndrome de Down de Pontevedra, entidade ubicada en Vigo, inauguraron na lonxa do Concello a exposición fotográfica "Unha vida por diante" e que se amosará ata o 6 de abril.
"Alaska en kaiak de mar" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 26 de marzo no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.
A Concellería de Sanidade e Consumo editou un novo número de "Consumo" con consellos, lexislación e información dos servicios municipais existentes neste ámbito.