Escoitar

A corporación celebra Pleno o vindeiro luns

A sesión de carácter ordinario comezará as 9 da mañá no salón de plenos e nela trataranse un total de 30 asuntos.

xoves, 27 mar 2003
1.- Actas anteriores (ord. 21.12.02, extraord. 14.01.03 e extr. urx. 20.01.03).

2.- Ratificación, no seu caso, de recurso de reposición xa interposto “ad cautelam”, no r.c.a. nº 6032/98, interposto por D. José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández contra acordo plenario de 16.04.98, de aprobación definitiva do Plan Especial do Porto.

3.- Dar conta da proposta de actuación da Comisión de Xustiza de 10.03.03, de actuación na loita contra a violencia doméstica.

4.- Dar conta do Decreto da Alcaldía de 02.01.2003, polo que se faculta ó Valedor do Cidadán para dispoñer sobre diversos gastos.

5.- Dar conta do acordo da Comisión Municipal de Goberno de data 17.02.03, polo que se solicita subvención á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para a prestación de servicios sociais.

6.- Solicitude de plan concertado “Axudas destinadas á prestacións de servicios sociais para corporacións locais” da Consellería de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia.

7.- Propostas de adscrición de espacios públicos cos nomes de Enrique Alonso “Xalueiro”-Gaiteiro e Francisco de Sales, e modificación do trazado das rúas Fonte Santa e Finca dos Aires.

8.- Proposta de nomeamento dunha rúa co nome de Trinitario Otero.

9.- Proposta de unificación de dous viais co nome de rúa Xavier Sensat.

10.- Aprobación provisional de acordo de establecemento de prezos públicos pola utilización de “Verbum-Casa das Palabras” e Ordenanza Fiscal reguladora dos prezos públicos pola utilización de “Verbum-Casa das Palabras”.

11.- Liquidación dos presupostos do exercicio 2002 do Concello de Vigo e os seus organismos autónomos.

12.- Dar conta do recoñecemento extraxudicial de crédito a favor de Producción e Xestión Cultural, S.L., en concepto de contratación do ciclo “Xovevigo” das Festas do Cristo da Victoria 2002.

13.- Proposta desestimación de cesión de terreo en Sta. Tegra-Teis.

14.- Proposta desestimación de baixa no Inventario de tramo do camiño-ramal Figueirido.

15.- Proposta desestimación rectificación no Inventario municipal de viais do camiño do Loureiro.

16.- Desestimación recurso de reposición contra acordo plenario de 16.10.01, sobre desafectación en camiño Cova da Barxa-Saiáns.

17.- Cesión local municipal sito na rúa Oliva á Asociación Veciñal e Cultura do Casco Vello.

18.- Cesión da Comunidade de Montes de Teis ó Concello de terreo para parque forestal.

19.- Compromiso de modificación de tarifas ó abeiro do Decreto 84/97 (Saneamento Valladares, Beade e Zamáns).

20.- Execución sentencia sobre concesión Mercado do Progreso.

21.- Proxecto do Regulamento do parque infantil de tráfico “O Castro”.

22.- Regulamento de funcionamento do “Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello de Vigo”.

23.- Proposta do concelleiro-delegado de Persoal relativa á incidencia das Leis 52 e 53/2002 sobre Presupostos Xerais e Medidas fiscais, no ámbito das relacións funcionariais e laborais do Concello de Vigo.

24.- Proxecto de subministración de auga ó Concello de Vigo, conexión O Casal-Valladares e peche perimetral.

25.- Rectificación acordo plenario de 28.10-2002 sobre subministración de auga ó Concello de Soutomaior.

26.- Aprobación do proxecto técnico de “Mellora do abastecemento na parroquia de Beade dende a conducción de subministración ó parque tecnolóxico”.

27.- Substitución da denominación do “Organismo autónomo municipal Vigo-Zoo” pola de “Organismo autónomo municipal Vigozoo-Parque das ciencias naturais”.

28.- Modificación puntual do Plan Especial e Catálogo complementario de edificios, conxuntos e elementos a conservar, Cuarteirón nº 51 (UA POBO GALEGO).- Aclaracións do acordo de aprobación definitiva.

29.- Corrección de erros á aprobación de Estatutos da Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo.

30.- Mocións:

a) Proposta da Xunta de Voceiros para a organización na cidade Vigo da Copa América de Vela.
b) Moción do Grupo Mixto Municipal sobre a Alta Velocidade en Vigo e máis en Galicia.
c) Moción do Grupo Mixto Municipal sobre as operacións de salvamento na ría de Vigo.
d) Moción do Grupo Mixto Municipal sobre a guerra ilegal.
e) Moción do Grupo Municipal Socialista sobre o ataque ó Iraq.
f) Moción do Grupo Municipal Socialista sobre o Proxecto de Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia.
g) Moción do Primeiro Tenente de Alcalde para lle dar o nome de Pontedeva a unha rúa da cidade.
h) Moción do Grupo Municipal Popular sobre limpeza de edificios catalogados.

31.- Rogos e preguntas.

Máis información