Escoitar

Vigo acolle as II Xornadas de política social

Expertos analizarán as necesidades orzamentarias e de recursos humanos para satisfacer a demanda en materia de asuntos sociais.

xoves, 27 mar 2003
1048766513xorn.jpg
Cartel
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, e a representante de Comisións Obreiras, Victoria Quebén, presentaron as II Xornadas de política social que se celebrarán o 1 de abril de 16:00 a 21:00 horas no auditorio municipal.

Belén Sío afirmou que investir en políticas sociais favorece o desenvolvemento socioeconómico. Indicou que o futuro do estado de benestar está no desenvolvemento do pacto local, sendo os concellos valores de maior proximidade aos cidadáns. Neste sentido, a concelleira estima que se precisan maiores presupostos e recursos humanos para satisfacer a demanda existente en políticas sociais.

"Con estas xornadas preténdese reflexionar sobre a situación social actual e incidir no tema do pacto local e as transferencias da Xunta de Galicia aos concellos en temas de voluntariado, financiamento, coidadores...", expresou Victoria Quebén. "Quérense analizar os servicios sociais con proxección de futuro, con alternativas aos problemas plantexados", afirmou.

María Xosé Thomas, traballadora social no Concello de Vigo, falará sobre os servicios sociais no marco da sociedade de benestar e Concepción Daporta, do Concello de Baiona, ofrecerá un relatorio sobre os traballores dos servicios sociais. Ás 18:30 celebrarase unha mesa debate na que participarán o delegado provincial da Consellería de Traballo e Servicios Sociais, Joaquín Macías, a concelleira Belén Sío, o secretario da comisión de servicios sociais do Colexio de Psicólogos, Julio González, e a vicepresidenta da comisión xestora do Colexio de Educadores sociais, Pilar Sabio.
Descargar todas as imaxes