Cerimonia de entrega da Medalla da Cidade e Vigueses Distinguidos
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, outorgaralle a Medalla da Cidade ao xornal Faro de Vigo no transcurso do acto de conmemoración da Reconquista da Cidade o xoves 27 ás 20:00 horas no Centro Cultural Caixanova. Na cerimonia tamén se fará a entrega dos galardóns aos vigueses distinguidos correspondentes ao ano 2003.
Os persoeiros e colectivos que recibirán a distinción son as confrarías de pescadores da ría de Vigo, a avogada Elvira Ladín Aguirre, a Coordenadora de Mulleres contra a Violencia Ovarias, o presidente da Asociación de Amigos dos Pazos, Juan Manuel López-Chaves; o antigo profesor do Colexio Hogar, Florián Martínez Fernández, e a responsable do Comedor da Esperanza na Casa da Caridade, Sor Milagros de la Fuente Tascón.
Descargar todas as imaxes