Escoitar

Clausurouse o programa Asiste

Cincuenta e oito mulleres participaron no ciclo formativo

xoves, 27 mar 2003
1048770215asiste3.jpg
Entrega de diplomas
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, entregou os diplomas acreditativos da súa formación ás mulleres participantes no proxecto "Asiste", no transcurso do acto oficial de clausura que tivo lugar no Auditorio municipal.

Ó longo dos doce meses, nos que se desenvolveu o "Asiste", cincuenta e oito (58) mulleres desempregadas, na súa maioría maiores de 45 anos (o 75%) e cunha escasa formación académica recibiron formación como "auxiliar de axuda a domicilio" e corenta e catro (44), como "auxiliar de atención a infancia". O itinerario polo que pasaron as más de cen participantes, comprendeu unha primeira fase de formación teórica de 200 horas e a fase de prácticas profesionais, que foron 300 horas levadas a cabo en diferentes tipos de centros relacionados coa especialidade correspondente.

A capacitación específica que recibiron as mulleres formadas como auxiliares de axuda a domicilio consistiu en técnicas de mobilización de pacientes, coidados paliativos, demencias, síndromes xeriátricos, ximnasia pasiva, lecer e tempo libre na terceira idade. No caso das auxiliares de axuda a infancia, a súa formación centrouse en saúde infantil, discapacidade na infancia, psicomotricidade, xogo cooperativo e contacontos.

O proxecto "Asiste" tivo un custo total de 880.000 € e foi subvencionado nun 70 % polo Fondo Social Europeo, aportando o Concello de Vigo o 30% restante. Promovido pola Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, a colaboración de centros de educación infantil e de residencias da 3ª Idade da cidade, tanto do sector público como privado, foi determinante para a fase das prácticas profesionais.
Descargar todas as imaxes