Os premios de arquitectura Gómez Román serán bianuais
O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.
Os premios Gómez Román creáronse en 1994 para distinguir a profesionais, empresas ou institucións que se destacaron pola autoría ou promoción de obras. A súa finalidade é a de incentivar e promover a recuperación e o enriquecimento do patrimonio arquitectónico de Vigo.
Na convocatoria dos premios establécense tres apartados: traballos de arquitectura, traballos de urbanismo e traballos de investigación e difusión. Os galardóns outórganse ao conxunto dos axentes que interviron na obra. O xurado estará composto polo presidente e o secretario do Consello da Xerencia de Urbanismo e por representantes dos grupos municipais, de cada Colexio Profesional vencellado á temática dos premios, da Federación de Asociacións de Veciños, do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Provigo, de Aproin e da Asociación de Empresarios da Construcción.
O xurado emitirá o seu fallo na primeira semana de outubro de 2003.