xoves, 10 abril 2003

Vigovisións percorre 14 anos de evolución da fotografía

xoves, 10 abr 2003

A mostra que se inaugura no Marco recupera a antiga sección da Fotobienal. A producción da exposición incluíu a restauración e catalogación das imaxes realizadas por fotógrafos de ámbito internacional arredor do paisaxe e influencia viguesa. As fotografías integran a Colección Fotográfica do Concello de Vigo.

A oficina de Estatística reforza o horario polas tardes para a obtención de volantes de empadronamento e posibles modificacións dos datos censuais

xoves, 10 abr 2003

O Concello mantén aberto o departamento de Estatística para que os cidadáns poidan efectuar os cambios oportunos nos datos do censo electoral de cara os comicios do vindeiro 25 de maio e para a consecución de certificados de empadronamento para a inscrición dos escolares nos centro de ensino. O horario de apertura ao público é de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:30. O prazo para posibles reclamacións ou correccións presenciais remata o luns 14 de abril.

Os deportes subacuáticos pechan o ciclo de conferencias audiovisuais "Natureza sen límite"

xoves, 10 abr 2003

"O mundo subacuático" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañeiros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 11 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas. Con esta charla péchase este ciclo de conferencias que trataron sobre a espeleoloxía, o kaiak de mar, o esquí de montaña e o descenso de canóns.