O auditorio do conservatorio acolle o segundo concerto de Música Sacra
O Conservatorio Superior de Música de Vigo será o escenario do segundo concerto do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura. O concerto que comezará as 20.30 horas estará a cargo de Teresa Novoa, Nuria Lorenzo e a Sinfoneta de Vigo.
TERESA NOVOA FREITAS (soprano)
Naceu en Ponteareas (Pontevedra), comezou os seus estudios musicais en Galicia con Raimunda Lusquiños, para rematar os específicos de Canto en Madrid baixo a cátedra de Pedro Lavirgen, conseguindo varios premios de honra.
Ampliou estudios con mestres como Montserrat Caballet, Jaime Aragall, Danielle Ferro (Siena- Italia), etc. Participa activamente en ciclos de Música Sacra en distintos puntos de España e ofreceu recitais en distintos países de Europa, ademais de Venezuela, Arxentina e Brasil.
NURIA LORENZO LÓPEZ (mezzosoprano)
Naceu en Vigo. Comeza os seus de música e canto na escola “Cantorum Santa Cecilia”, de Vigo. Máis tarde ingresa no Conservatorio Superior de Vigo, onde cursa estudios de canto coa soprano Teresa Novoa.
Realizou numerosas actuacións en España e Portugal, así como dúas xiras por Venezuela, acompañada pola pianista Alina Pociute. Así mesmo, participou coa Asociación Lírica Galega “Teresa Berganza”, dando concertos por toda Galicia.
SINFONIETA DE VIGO
O 13 de xuño de 2002 presentouse no Auditorio de Caixanova de Vigo a "Orquestra Sinfonieta de Vigo" cun gran éxito de público e tamén da crítica. Esta é a sua segunda aparición na nosa cidade. Este segundo programa está dedicado a unha época que vai do Barroco avanzado ata os comezos do Clasicismo.
Sinfonieta de Vigo: Violíns 1º: Leonardo Blanco Nóvoa, Edita Shulman Kasparaitis, Adolfo Carreira Pol, Ernesto Díaz Vera, Diana Rego Marín. Violíns 2º: Mario Peris Salom, Rosa Mª Gayoso Vázquez, Mª José Pámpano López, Mª Luisa Gómez Martínez, Pablo Aradillas Extremadouro. Violas: F. Javier Escobar Vidal, Sara Franco Ruiz, Jennifer Gómez Vilar.Cellos: Mª Isabel Figueroa Lorenzo, Fernando Arenas Villarroel, Mª Jose Tavira Fernández. Contrabaixo: Juan Carlos Villar del Saz Pardo)
PROGRAMA DO CONCERTO
I
ANTONIO VIVALDI
Sinfonía en Si menor “Al S. Sepolcro”
Adagio molto - Allegro ma poco
F. X. RICHTER
Sinfonía de Cámara Op. 72
Allegro moderato - Andante - Fuga
II
GIOVANNI B. PERGOLESI
Stabat Mater
Descargar todas as imaxes