Escoitar

Homenaxe ás participantes do programa de deportes de maiores

A Semana dos Maiores remata o venres cunha homenaxe as persoas que participan no programa de deportes que leva a cabo a Concellería de Benestar Social. Durante cinco días realizaronse, no auditorio do Concello, concertos, exhibicións deportivas bailes e obradoiros.

xoves, 10 abr 2003
As actividades finalizan cunha homenaxe ás 40 mulleres que levan máis de dez anos participando no programa de deportes para maiores do Concello. En concreto, farase unha mención especial a Eugenia Ferreira López, gañadora de tres medallas nos Campionatos de España de veteranaos.

Programa de Deportes de Maiores

Na actualidade participan máis de 800 persoas no programa de actividades físicas para maiores. Trátase dun programa pioneiro na Comunidade Autónoma e é o que máis persoas maiores moviliza en toda Galicia. O programa desenvólvese dende hai 13 anos e está estructurado en dúas actividades. Por unha banda, impartense clases de educación física colectivas e por outra actividades físicas no medio acuático.

A actividades está dirixida a persoas maiores de 60 anos , sen límite de idade, que estean empadroadas en Vigo , que lles apetezca realizar actividades físicas controladas e sobre todo, que teñan ganas de pasalo ben. As clases levanse a cabo nos pavillóns polideportivos de As Travesas e Teis, e nas piscinas de Lavadores, Teis e As Travesas.

O obxectivo principal do programa é retardar o deterioro funcional e incrementar a independencia na vida diaria que repercute na mellora dos ámbitos da conducta humana, social, afectiva, cognitiva e motor.

Programa do Venres 11 de abril
17:30 horas. Obradoiro de danza e percusión tradicional de persoas maiores acompañado polo grupo de gaitas da Escola Municipal de danza
18:00 horas. Grupo de baile tradicional galego "Andaina", A. VV. "As nosas rúas"
18:30 horas. Homenaxe ás maiores participantes no programa de deporte de maiores da Concellería de Benestar Social, cunha mención especial a Eugenia Ferreira, e demostración de ximnasia.