Escoitar

Os deportes subacuáticos pechan o ciclo de conferencias audiovisuais "Natureza sen límite"

"O mundo subacuático" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañeiros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 11 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas. Con esta charla péchase este ciclo de conferencias que trataron sobre a espeleoloxía, o kaiak de mar, o esquí de montaña e o descenso de canóns.

xoves, 10 abr 2003
A conferencia do mundo subacuático estará a cargo de José Rodríguez Oveja, presidente da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), membro do Comité Olímpico Español e da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, ademáis, entre outras cousas, pertence ó Comité Organizador do Salón Náutico Internacional de Barcelona. Pero sobre todo, como él di, pasea con orgullo ser socio do Club Montañeiros Celtas, onde iniciou os seus pasos como deportista e como directivo deste mundo subacuático.

José Rodríguez falará sobre que é e como é a FEDAS, a multifederación dos deportes subacuáticos, dos competitivos e dos que non o son, das actividades que engloba e desenvolve, dos novos deportes e como se compite, como por exemplo a Apnea, de gran repercusión nestos últimos tempos.

No transcurso da súa charla pasarase a película do NAFOSUB´01 Campionato de España de Fotografía Submarina, tamén se realizará un visionado dalgunhas das mellores diapositivas de fotosubs internacionais do "Concurso Mundial CMAS-50 Xuíces".