Escoitar

Resultados das eleccións municipais 2011

Os comicios celebrados onte domingo, 22 de maio, deixan para a cidade de Vigo un saldo de 13 concelleiros para o Partido Popular, 11 para o Partido Socialista e 3 para o Bloque Nacionalista Galego. Con respecto ao 2007, o PP perde apoios pero mantén o número de electos, o PSOE suma votantes e ascende dous edís, e o BNG cae tanto en sufraxio como en representación, pasando de cinco a tres concelleiros. <br />

luns, 23 mai 2011
1306153800casadoconcello.jpg
A xornada electoral do pasado domingo, 22 de maio, pechouse co Partido Popular como forza máis votada con 13 concelleiros, o PSdeG-PSOE suma 11 por 3 do BNG.

Por número de votos, o PP sumou 61.616 apoios, o que representa o 42.39% do total, caendo o seu respaldo cidadá con respecto a 2007, ainda que mantén o número de representantes no Concello de Vigo.

O PSdeG-PSOE obtivo 50.045 papeletas, o 34.43%, que lle reportan 11 concelleiros na Corporación viguesa. O partido encabezado por Abel Caballero incrementou o número de representación con respecto a 2007, onde conseguíu 9 edís.

O Bloque Nacionalista Galego recibiu o 11.26% dos votos rexistrados, un total de 16.374, o que concede á formación un total de 3 concelleiros, dous menos que nos pasados comicios de 2007.

Esquerda Unida conseguiu 6.588 votos, un 4.53% do total, mellorando os resultados dos últimos comicios e aproximándose á representación; mentres que os restantes partidos presentados non recabaron máis do 2% de apoio cidadá.

As eleccións municipais de 2011 contabilizaron un total 148.504 votos, o 62.45% de participación; 89.311 abstencións, o 37.55%; 3.138 votos nulos, o 2.11%; e 4.101 en blanco, o 2.82%.
Descargar todas as imaxes