Santi Domínguez di que o deporte é un investimento produtivo para Vigo na entrega das bolsas VIDE a 35 clubs
A Fundación Vigo en Deporte entregou hoxe a segunda axuda da tempada do programa Siareiros a 35 clubs da cidade.
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou que a Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Deportes e VIDE encamiñáronse "a unha aposta clara polo que significa o deporte na sociedade". Segundo el, "é un investimento produtivo e calquera euro que se inviste devólvese en ilusión dos nenos e nenas, en saúde, en orgullo, unión e promoción da cidade".
O nacionalista dirixiu a súa intervención a defender que "os clubs non teñen que pedir esmola a ningunha administración, goberne quen goberne, porque o que vos damos é unha obriga". Segundo explicou o tenente de alcalde, "do mesmo xeito que non hai dúbida no investimento en sanidade ou ensino, tamén é innegable o labor que facedes os clubs e o deporte é fundamental para o desenvolvemento dunha sociedade e tamén a nivel persoal".
Con esta axuda, VIDE pecha o programa Siareiros (tanto Elite como Club) da tempada 2010/2011, na que fixo dúas doazóns ás entidades deportivas que suman un total de 170.000 euros.
Jorge Santos, en representación de Novacaixagalicia e dos patróns privados de VIDE, reclamou "máis agradecemento da sociedade local aos clubs polo traballo que facedes representando a Vigo", mentres que Xabier Alonso, como concelleiro de Deportes e presidente de VIDE, agradeceu o apoio de entidades como Novacaixagalicia, PSA e Pescanova, "que seguen apostando polo valor que ten o deporte".
O concelleiro nacionalista lembrou que VIDE "é un instrumento importante e que suma", e asegurou que entre a Concellería e a Fundación este ano investíronse 1,2 millóns de euros nas entidades deportivas, mentres que dende a Concellería de Deportes entregáronse 5,2 millóns de euros neste mandato municipal. Para el, "non se pode separar o traballo da canteira do da elite" e criticou "que a Xunta recortase en 2010 3 millóns de euros para o deporte". Ademais, lembrou que ata o 25 deste mes segue aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar a unha subvención de Deportes.
Descargar todas as imaxes