venres, 20 maio 2011

O alcalde presenta 18 novos coches da Policía Local de Vigo, que suma 80 vehículos en total

Abel Caballero, xunto a membros do goberno local e da Policía Local de Vigo, presentou este venres os novos 18 vehículos adquiridos polo Concello polo sistema renting, cun investimento dun millón de euros en catro anos. Estes coches, na súa maioría Citroën, súmanse aos 60 xa existentes dando unha cifra resultante de 80 vehículos. O alcalde recordou que neste mandato ampliouse o plantel en 75 axentes.

Caballero felicitou aos 31 axentes da Policía Local que cumpren 25 anos de servizo

venres, 20 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este venres aos 31 axentes da Policía Local que este 2011 cumpren 25 anos de servizo, efectivos aos que fíxolle entrega dunha orla conmemorativa da súa promoción. Caballero eloxiou a súa laboura como vertebradores da cidade e recordou que outros 35 policías están a formarse actualmente para sumarse ao corpo de seguridade municipal.

Santi Domínguez afirma que o Congreso de Medicina que se celebra no Ifevi demostra a capacidade organizativa de Vigo

venres, 20 mai 2011

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, visitou este venres o XII Congreso Internacional de Medicina Xeral e de Familia que dende o día 18 e ata mañá se celebra no Ifevi. O nacionalista expresou a súa satisfacción por como se está desenvolvendo o congreso, o cal ao seu xuízo demostra que Vigo "pode acoller calquera evento destas características", no que se dan cita máis de 3.600 médicos de familia para analizar o presente e futuro da atención primaria e se contabilizan máis de 10.000 pernoctacións.

O alcalde reuniuse na tarde de onte con representantes de centros concertados de Vigo

O Concello ampliará novamente as bolsas de inglés para alumnos da ESO tras coñecer os listados definitivos da convocatoria

venres, 20 mai 2011

Os directores reciben con satisfacción a noticia de que xa está asinado o decreto de modificación orzamentaria para incluír as 150 novas bolsas, as que se destinará unha partida de 375.000 euros.<br /> As becas de inglés do programa "Pilivigo 2011" xa se ampliaran en 40 prazas para dar resposta a unha demanda que se desbordou, tras suprimir a Xunta os programas de Inmersión no estranxeiro para alumnos da ESO. A primeira ampliación de bolsas fíxose en función das previsións de 2010, ano no se que deu cobertura ao 50% da demanda dos colexios concertados.

Xesus López presenta a James Blunt como o terceiro gran concerto das Festas de Vigo o 31 de xullo en Castrelos

venres, 20 mai 2011

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este venres o seguinte concerto xa pechado das Festas de Verán 2011, que será o que o cantante británico James Blunt ofrecerá o 31 de xullo en Castrelos, para presentar o seu último traballo, "Some Kind of Trouble". Segundo destacou o concelleiro nacionalista, este será "o terceiro gran concerto das Festas de Verán de Vigo", que se suma aos de Juanes o 15 de xullo e o de Bad Religion, que o 14 de agosto.

Eudosio Álvarez anima a participar mañá sábado na ruta "Vigo: a descoberta da historia" que partirá da Colexiata

venres, 20 mai 2011

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, animou aos cidadáns e cidadás a participar mañá na ruta "Vigo: a descoberta da historia", que partirá ás 11 horas dende a Colexiata, en pleno Casco Vello. Esta proposta, "O século XIX, o nacemento da cidade" fará un percorrido polos espazos máis representativos da cidade do século XIX e e primeira metade do século XX.

O Auditorio Municipal acolle mañá sábado o espectáculo de danza e música "Habelas", a cargo da compañía Traspediante

venres, 20 mai 2011

A programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura e Animación Sociocultural tamén inclúe o programa "Vigo en Danza", que mañá, 21 de maio, ofrece a posibilidade de gozar co espectáculo "Habelas", da compañía Traspediante, ás 21 horas no Auditorio Municipal. Por outra banda, a Concellería de Cultura informa de que a actuación da Asociación Agarimo, incluída no programa "Vigo a Escena", prevista inicialmente para mañá, 21 de maio en San Miguel de Oia, trasládase ao 15 de outubro no mesmo emprazamento.