Escoitar

O alcalde presenta 18 novos coches da Policía Local de Vigo, que suma 80 vehículos en total

Abel Caballero, xunto a membros do goberno local e da Policía Local de Vigo, presentou este venres os novos 18 vehículos adquiridos polo Concello polo sistema renting, cun investimento dun millón de euros en catro anos. Estes coches, na súa maioría Citroën, súmanse aos 60 xa existentes dando unha cifra resultante de 80 vehículos. O alcalde recordou que neste mandato ampliouse o plantel en 75 axentes.

venres, 20 mai 2011
1305893958coches.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres os 18 novos coches da Policía Local adquiridos polo Concello polo sistema renting, facendo un total de 80 vehículos.

Segundo explicou Caballero, trátase de 14 Citroën C4 Picasso, dous furgóns Citroën Jumper e dous todo terreo de Mitsubishi, dotados coa tecnoloxía adaptada aos usos e como parte da "aposta" municipal para "conseguir que a Policía Local teña os mellores medios materiais". O goberno local destina un millón de euros en catro anos.

Afirmou o alcalde que a Policía Local conta con outros seis coches en perfect estado e outros seis recuperados polo Concello para uso policial, facendo un total de 30 coches. Abel Caballero recordou que en marzo incorporáronse á flota outras 28 motocicletas que, sumadas ao equipo da Unidade Medioambiental, suman os 80 vehículos dos que dispón a Policía Local actualmente.

"Vigo é unha cidade segura", indicou Abel Caballero, quen recordou que neste mandato se incorporaron 75 novos efectivos á Policía, mais "é preciso seguir incrementando o número" de axentes para nos próximos anos chegar a cifra "óptima".

O alcalde amosouse "satisfeito" co realizado nos últimos catro anos en beneficio da Policía Local, como a nova galería de tiro construida ou a decisión de adaptar a cualificación profesional dos axentes á normativa legal vixente. Por último, Caballero recoñeceu o traballo dunha "policía moi cualificada e profesional".
Descargar todas as imaxes