Escoitar

Caballero felicitou aos 31 axentes da Policía Local que cumpren 25 anos de servizo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este venres aos 31 axentes da Policía Local que este 2011 cumpren 25 anos de servizo, efectivos aos que fíxolle entrega dunha orla conmemorativa da súa promoción. Caballero eloxiou a súa laboura como vertebradores da cidade e recordou que outros 35 policías están a formarse actualmente para sumarse ao corpo de seguridade municipal.

venres, 20 mai 2011
130589392825anos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo entrega este venres de diplomas conmemorativos á promoción de 31 axentes que neste 2011 cumpren 25 anos de servizo na Policía Local de Vigo.

O alcalde eloxiou o papel dos efectivos policiais na vertebración da cidade, como axentes próximos á cidadanía e cunha destacada profesionalidade e eficiencia. Caballero recoñeceu públicamente a laboura da Policía Local de Vigo e indicou que o goberno local quere continuar mellorando as súas condicións laborais, incrementando o persoal e os medios materiais.

Ante os medios de comunicación, Abel Caballero feliciou aos 31 axentes homenaxeados na mañá de hoxe a recordou que outros 35 efectivos están a formarse actualmente para sumarse próximamente ao equipo policial municipal.
Descargar todas as imaxes