Eudosio Álvarez anima a participar mañá sábado na ruta "Vigo: a descoberta da historia" que partirá da Colexiata
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, animou aos cidadáns e cidadás a participar mañá na ruta "Vigo: a descoberta da historia", que partirá ás 11 horas dende a Colexiata, en pleno Casco Vello. Esta proposta, "O século XIX, o nacemento da cidade" fará un percorrido polos espazos máis representativos da cidade do século XIX e e primeira metade do século XX.
O concelleiro nacionalista explicou que "O século XIX, o nacemento da cidade" propón "unha viaxe singular polos fitos máis importantes da historia de Vigo ante elementos emblemáticos do seu patrimonio", con paradas nas prazas da Constitución e da Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o hotel Universal, o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a Porta do Sol. Esta ruta tamén dará a coñecer a importancia de figuras como Elduayen, Policarpo Sanz, Mendez Nuñez ou García Barbón na historia da cidade.
Este percorrido dá continuidade á primeira parte da proposta, "Da cultura castrexa ao século XIX, os orixes do Vigo moderno", que o sábado pasado permitiu coñecer a orixe da cidade no monte do Castro, os restos dunha calzada romana no Casco Vello, e avanza ata o século XVIII, nas orixes do Vigo moderno.