venres, 27 mai 2011
A programación estable de artes escénicas que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal propón para este fin de semana dúas obras de teatro para público familiar. Mañá sábado, a compañía Títeres en Acción interpretará "O castelo de lady Minimal" ás 18 horas, mentres que o domingo a compañía La Maquiné levará a escena "El castillo rojo", ás 18 horas. As entradas teñen un prezo de 3 euros para nenos e nenas até 12 anos e de 5 euros para maiores; e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
"Os Sabadiños" de xuño e xullo unha nova alternativa de ocio
venres, 27 mai 2011
A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, continúa a súa labor de animación á lectura entre os máis pequenos da casa. Tras as actividades realizadas por mor do día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro, o Día das Letras Galegas e a visita dos Ratiños da Caixa a biblioteca inicia "Os Sabadiños". Estas actividades terán lugar o 4, 11, 18 e 25 de xuño e 2, 9 e 16 de xullo de 12.00 a 13.30 horas na propia biblioteca. Están recomendadas a nenos maiores de 5 anos.
venres, 27 mai 2011
O Club Ciclista Vigués - Autronic celebrará as Bici Rutas Vigo 2011 en tres xornadas, os días 29 de maio e 5 e 12 de xuño. Trátase de tres paseos en bicicleta para gozar do exercicio ao aire libre, da propia cidade e as súas magníficas inmediacións.
venres, 27 mai 2011
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o venres, 3 de xuño de 17.00 a 19.00 h. o obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma.
venres, 27 mai 2011
A Biblioteca-Centro de documentación do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, presenta nas súas instalacións unha mostra bibliográfica que reúne unha selección de publicacións da biblioteca do artista e deseñador gráfico Francisco Mantecón. Estes fondos bibliográficos son produto dunha doazón realizada pola viúva do artista, Pilar Barreiro Mosquera, á Biblioteca do MARCO
Mobilidade, Seguridade e Transportes
venres, 27 mai 2011
Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de incendios, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 01 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.
Educación
venres, 27 mai 2011
Ábrese o prazo de inscrición dos obradoiros monográficos de verán 2011