Vigo recibe unha Distinción Temática de ADEAC polos seus programas de educación ambiental
A concellería de Medioambiente, dirixida pola socialista Chus Lago, ven de recibir da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor unha Distinción Temática á información e educación ambiental . A mención chega da man das bandeiras azuis outorgadas anualmente nas que Vigo mantén o número de distintivos nos seus areais.
O concello de Vigo recibiu esta distinción temática polo traballo desenvolvido desde a concellería que dirixe Chus Lago. Trátase dun recoñecemento a labor realizada en programas de estudio, protección, divulgación e información ambiental a través de coñecidas iniciativas coma "Vigo, Camiño a Camiño", do compromiso co medio ambiente en Vigozoo coma a granxa escola, as saídas nocturnas, a campaña de control de gaivotas, a recuperación dunar do Vao, os humedais ou a información de praias, entre outros.
No que respecta as bandeiras Vigo mantense entre as primeiras do país en número de praias con este distintivo de calidade. Neste 2011 acadaron bandeira azul os areais de Argazada, O Vao, Canido, Fontaiña, Rodas e Figueiras -en Cíes- Ademais acadan por primeira vez bandeira azul as praias de Carracido, en Cíes, e Fortiñón, en Saiáns.
Descargar todas as imaxes