O alcalde en funcións inaugura Nau 2011 e destaca a capacidade do sector para xerar emprego
Abel Caballero participou na mañá deste xoves no acto de inauguración dun salón que pretende reactivar a economía do sector e manter o interese entre afeccionados e público en xeral. Trala intervención do alcalde procedeuse á apertura do Salón Náutico e de Galigolf coa "botadura" simbólica da embarcación Riva, coñecida polo seu avanzado deseño.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu o Salón Náutico tras destacar o seu recoñecemento aos organizadores do evento por levar adiante a feira pese ao contexto económico actual. "A unión fai a forza", sinalou Caballero, quen incidiu tamén en que da crise se sae co empuxe e o bo facer, "e iso está presente na feira", lembrou.
Caballero felicitou a organización e trasladou o agradecemento a patrocinadores, expositores e a todas as persoas que fan que o evento funcione. Así asegurou que o turismo náutico ten unha "enorme capacidade de xeración de emprego e valor engadido" ao tempo que encomiou a imaxinación pola incorporación de Galigolf. O rexedor expresou a súa vontade de seguir cooperando coa organización nos vindeiros anos.
Nau 2011 desenvolverase no Ifevi desde hoxe e ata o vindeiro domingo, 29 de maio, pero de forma paralela os organizadores, Marina de Exposiciones, celebran de forma simultánea Galigolf 2011, o primeiro salón do golf de Galicia. NAU 2011 ocupa un espacio de 13.000 metros cadrados no recinto feiral de Cotogrande e unha liña de atraque de 300 metros nos pantaláns de Marina Davila, no porto deportivo de Bouzas, onde se celebrará unha exposición "a flote".
Descargar todas as imaxes