Escoitar
"Achégate a internet" desenvolverase durante os meses de xuño e xullo

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas inicia as súas actividades de formación para usuarios

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na Avenida Martínez Garrido nº 21, inicia as súas actividades de formación para usuarios. A primeira acción, "Achégate a Internet", é un programa de alfabetización dixital. O curso gratuíto está destinado aos maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento previo de informática. Terá lugar na propia biblioteca os martes e xoves dende o 2 de xuño ata o 21 de xullo en horario de 11.00 a 12.00 horas

mércores, 25 mai 2011
13063247641301050599biblioteca.jpg
A actividade nace coa idea de facilitar e fomentar o acceso á sociedade da información e a comunicación. A necesidade do manexo das novas tecnoloxías é un requisito indispensable para acceder á información, á formación e ó lecer. As sesións terán un contido predominantemente didáctico e explicaranse o uso dos ordenadores, o acceso a Internet, como facer buscas de información (sanidade, traballo, ocio..) entre outros contidos.

Prazas limitadas
Destinatarios: Maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento de informática
Datas: do 2 de xuño ao 21 de xullo (martes e xoves)
Hora: de 11.00 a 12.00
Descargar todas as imaxes