Escoitar

Verán no Verbum - Campamentos Abertos 2011

Un ano máis o Verbum organiza campamentos abertos de Verán. Este ano con novidades ao trasladar a súa celebración ao mes de agosto, e ao traballar con dúas temáticas, unha sobre a animación á lectura, que terá lugar na primeira quincena, e outra relacionando o museo co seu entorno natural, facendo unha campaña de concienciación co medio ambiente. As actividades están dirixidas a rapaces de 5 a 12 anos e desenvolveranse de martes a venres en horario de 10 a 14h. Este ano as actividades serán gratuítas.

martes, 24 mai 2011
Primeira Quincena de agosto: Do 2 ao 12. O Principiño
Esta actividade está pensada para atraer aos máis pequenos ao mundo da lectura. Utilizamos nesta ocasión os textos do Principiño. Cada día os rapaces percorrerán diferentes escenarios ao igual que facía o Principiño aprendendo tamén das súas vivencias.

Segunda Quincena de agosto: do 17 ao 31. Un verán Natural
Este campamento tratará de concienciar aos asistentes sobre o entorno natural no que se atopan.
Faremos principalmente actividades de concienciación medioambiental. Os asistentes, a través das súas accións serán os encargados de liberar ao mundo das artimañas dun personaxe malvado "Grande
Porcallán" que pretende enchelo todo de lixo.

Normas
- Datas:
.Primeira quenda: De martes a venres do 2 ao 12 de agosto de 2011
.Segunda quenda: De martes a venres do 17 ao 31 de agosto de 2011

Cada menor só se poderá inscribir nun dos campamentos. No caso de estar interesado nos dous terá que facer a inscrición para un e a reserva de praza para o outro.

- Datas de Nacemento dos participantes: entre o 1999 e 2006
- Horario: De 10 a 14h.
- Lugar: Verbum Casa das Palabras (Poderán realizarse actividades fóra do recinto do museo, coma os
xardíns exteriores, sempre baixo a supervisión dos monitores da actividade)
- Prezo: Inscrición Gratuíta.
- Solicitude de Inscricións: Do 1 ao 17 de xuño de 2011 de xeito presencial nas instalacións do Verbum Casa das Palabras no horario de apertura do museo. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a unha lista de agarda que será empregada no caso de producirse vacantes. As reservas de praza (no caso de estar cubertas as prazas) poderán realizarse por mail, teléfono ou correo electrónico dando os datos do titor e do rapaz a inscribir, a preferencia de campamento no que están interesados e a forma de contacto.

- Documentación:
. Folla de inscrición debidamente cuberta e asinada (Poderá recollerse no Verbum ou descargarse
da páxina web do museo).
. Fotocopia do DNI do Pai/nai ou titor
. Fotocopia da tarxeta sanitaria


Máis información