Escoitar

MULLER E DEPORTE: beneficios para a saúde

O mércores 25 de maio ás 20.00 h, finaliza o ciclo "Muller e saúde integral" que a concellería de Igualdade está a organizar na Casa das Mulleres desde o mes de abril co obxectivo de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas. Nesta ocasión colabora a Fundación VIDE para a exposición do relatorio: "Muller e deporte: beneficios para a saúde".

martes, 24 mai 2011
Contarase coa intervención de:
Dona Iolanda Veloso Ríos, concelleira de Igualdade
Dona Natividad Pérez e Dona Marta Goce (fisioterapeutas de POVISA)
Don Elias Festa (médico deportivo)
Dona Marta Fernández (atleta e psicóloga)
Dona Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo)
Dona Tamara Abalde (xogadora internacional de baloncesto)

Data: mércores 25 de maio ás 20.00 h
Lugar: CASA DAS MULLERES. R/ Romil, 20 baixo. Vigo

Actividade enmarcada nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012).