Mesa redonda con ilustradores na Escola Municipal de Artes e Oficios
O xoves día 26 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, terá lugar o encontro con ilustradores "SOÑOS ILUSTRADOS", unha mesa redonda ao redor da Editorial Kalandraka e a súa laboura como editora nestes doce anos de existencia.

Contaremos ca presenza dos ilustradores: David Pintor, Kiko Da Silva, Pablo Otero, Ramón Trigo, Juán Rivas e Federico Fernández, así como responsables da editorial.
Esta mesa redonda ten lugar no marco das actuacións programadas ao redor da Exposición "Soños Ilustrados" que se exhibe, ata o 10 de xuño, na nosa nova sala, Espazo EMAO.
Descargar todas as imaxes
Esta mesa redonda ten lugar no marco das actuacións programadas ao redor da Exposición "Soños Ilustrados" que se exhibe, ata o 10 de xuño, na nosa nova sala, Espazo EMAO.