Escoitar

O Concello ultima unha ferramenta informática de seguemento e control permanente do Lagares

O Concello de Vigo, en colaboración coa Fundación Biodiversidade e a Universidade de Vigo, ultiman a entrada en funcionamento dun Sistema de Información Geográfica (SIG) que integrará os datos sobre os marxes do río, as augas e a actividade das empresas próximas, entre outras. Esta ferramenta é transversal, sumando a información dispoñible dos distintos departamentos municipais involucrados no río, como Medioambiente, Limpeza, Seguridade ou Urbanismo.

venres, 27 mai 2011
O Concello de Vigo ultima a próxima posta en marcha dunha nova ferramenta informática que permitirá obter unha radiografía permanente do río Lagares, con vistas á mellorar o seu control.

Esta ferramenta entrará en funcionamento grazas á iniciativa municipal, á Fundación Biodiversidade e a Universidade de Vigo, impulsores deste proxecto de vixilancia continua de todos os parámetros relativos e influíntes no río. O Sistema de Información Geográfica (SIG) é transversal e cruza os datos das concellerías municipais de Limpeza, Medioambiente, Seguridade e Urbanismo.

Despois dun ano de traballo, o Concello de Vigo da actualmente os últimos retoques á aplicación que fará posible o seguemento dos máis de 17 quilómetros de percorrido do Lagares, o estado das augas, prever danos ambientais e coñecer o estado e a actividade das empresas que operan no seu marxe.

Grazas a este sistema informático transversal, os expertos municipais que xestionen o programa terán acceso inmediato ás incidencias que poidan producirse e ás accións de mellora que se estean levando a cabo por calquera departamento do Concello de Vigo.