Suspensión da expedición de permisos de queimas
Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de incendios, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este período, que vai do 01 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.
Coa finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspéndese con carácter xeral, dende o 01 de xuño ata o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, rastrollos etc..) do Rexistro Xeral , coma tamén daquelas que se fagan a traveso da páxina web do Concello de Vigo.
Vigo, a 18 de maio de 2011
O ALCALDE
Abel Caballero Alvarez
Vigo, a 18 de maio de 2011
O ALCALDE
Abel Caballero Alvarez