O Pleno sortea as mesas electorais para os comicios autonómicos

A Corporación Municipal celebrou hoxe un pleno no que se sortearon as 364 mesas electorais que se habilitarán en Vigo para as eleccións ao Parlamento de Galicia, que terán lugar o próximo 19 de xuño.

luns, 23 mai 2005
1116853376pleno23.jpg
Nestas eleccións poderán votar 237.685 vigueses. O censo de electores ausentes ascende a 13.216 persoas. Con motivo destes comicios haberá en Vigo 86 locais electorais e 238 seccións. As urnas distribuiranse nun total de 364 mesas electorais. Cada mesa contará con 9 membros, o que suporá no conxunto de Vigo un total de 3.276 persoas.
Descargar todas as imaxes