mércores, 25 maio 2005

Vigo, referencia pianística de España coa celebración do Festival Internacional e o concurso para novas promesas

mércores, 25 mai 2005

28 participantes na categoría infantil, 10 na xuvenil e 15 na modalidade de novo concertista; o número de solicitudes para participar no Concurso Nacional de Piano excedeu todas as expectativas. A gala de inauguración do concurso terá lugar mañá xoves coa actuación de Antonio Di Cristofano. Será ás 20 horas no Auditorio do Concello e estará conducida polo presentador Xosé Manuel Piñeiro.

O Día d@ Moz@ e Rockoia, dúas citas para a mocidade de Coia

mércores, 25 mai 2005

O sábado 28 na avenida de Castelao e na praza do Emigrante terán lugar os dous eventos festivos mais importantes para a mocidade de Coia: O Día d@ Moz@ e Rockoia. O primeiro comeza ás 10 da mañá e remata sobre ás 20 horas, xusto cando da comezo o festival de rock que durará ata a unha da madrugada.