Escoitar

Vigo, referencia pianística de España coa celebración do Festival Internacional e o concurso para novas promesas

28 participantes na categoría infantil, 10 na xuvenil e 15 na modalidade de novo concertista; o número de solicitudes para participar no Concurso Nacional de Piano excedeu todas as expectativas. A gala de inauguración do concurso terá lugar mañá xoves coa actuación de Antonio Di Cristofano. Será ás 20 horas no Auditorio do Concello e estará conducida polo presentador Xosé Manuel Piñeiro.

mércores, 25 mai 2005
1117029129piano.jpg
A cidade de Vigo vivirá a partir de mañá xoves unha semana dedicada ao piano grazas á celebración do I Concurso Nacional de Piano "Compositores de España", que se celebra en Vigo "con vocación de continuidade", segundo afirmara o día da presentación a alcaldesa Corina Porro, e a segunda actuación do Festival Internacional de Piano, que correrá a cargo de Antonio Di Cristofano e servirá tamén de apertura ao concurso. Ambos eventos transcorrerán de xeito paralelo ata o día 1 de xuño no que volverán a converxer cun recital dos gañadores do concurso no auditorio de Caixanova que servirá de clausura para ambos eventos. Tanto la gala de inauguración como la de clausura estarán conducidas polo coñecido presentador Xosé Manuel Piñeiro.

O Concurso Nacional de Piano está aberto a pianistas portugueses e tamén a estranxeiros residentes en España, como amosa a participación de dúas pianistas cubanas. Comprende tres categorías: infantil (ata os 12 anos), xuvenil (dos 13 aos 18 anos), e novo concertista (de 19 a 33 anos). A data límite para inscribirse foi o 10 de maio e as categorías quedaron da seguinte maneira: infantil (28 inscritos), xuvenil (10 inscritos) e novo concertista (15 inscritos). Segundo a organización as solicitudes superaron todas as previsións, rexistrando a maior participación ata o momento nun concurso estatal. Coimbra, Alacante, Xixón, Zaragoza, Murcia, Madrid, Málaga, Porto, Mallorca, Tarragona, Granada ou Pamplona son algúns dos lugares de orixe dos participantes, o que amosa o interese suscitado polo concurso.

As bases do concurso prevén dedicar cada edición a un compositor español e este ano homenaxéase a Antón García Abril, interpretándose as súas diferentes obras escritas para piano. Tamén se poderán escoitar obras escritas por compositores galegos.

Premios

Para a categoría infantil establécense un primeiro premio de 600 euros, un segundo de 300 e un terceiro de 200. Nesta categoría tamén haberá un premio á mellor interpretación da obra de Antón García Abril, de 300 euros, e un premio á mellor interpretación dun compositor galego, con outros 300 euros. Na categoría xuvenil entregaranse un primeiro premio de 2.000 euros, un segundo de 1.000 e un terceiro de 600. Os premios ás mellores interpretacións da obra de Antón García Abril e dun compositor galego serán de 600 euros cada un. Dentro da categoría novo concertista haberá un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 euros, e un terceiro de 1.500. Para os mellores intérpretes da obra de Antón García Abril e dun compositor galego establécense senllos premios de 800 euros.

O xurado estará composto por oito membros: o presidente, Leonel Morales; o compositor homenaxeado, Antón García Abril; e os expertos Iliana Cortizo, Julio García Casas, Natalia Lamas, Fernando Puchol e Roberto Relova; ademais de Antonio Jiménez como secretario do Xurado. O pianista Leonel Morales comentou que este Concurso é "un acicate para os rapaces", xa que lles permite "ver que teñen unha porta aberta para compararse cos pianistas de todo o país".

A directora xeral do Comité organizador, María Herrero, agradeceu á Fundación Mayeusis a súa colaboración na organización do concurso e lanzou unha mensaxe de tranquilidade aos participantes anunciando ademais que os premiados na categoría Novo Concertista accederá directamente á segunda fase do 6º concurso internacional de piano Compositores de España de As Rozas de Madrid que se celebrará do próximo 19 ao 26 de novembro. O primeiro premio desta categoría poderá ademais facer unha xira de concertos organizada polo concurso comprometéndose a tocar o programa do concurso, incluíndo as obras españolas da proba final. En caso de que o gañador non o puidese facer por cuestión de datas realizará a xira o segundo premio.

Datas

As probas de categoría infantil terán lugar entre o 26 e 27 de maio nas instalacións da Fundación Mayeusis, sendo o último día a deliberación do xurado e publicación
publicación do resultado. A categoría xuvenil desenvolverase entre o 27, 28 e 29 de maio en dúas sedes, o auditorio do Concello e o do Centro Cultural Caixanova. Dividirase en dúas fases, haberá proba final e logo deliberación e publicación dos resultados. A categoría Novo Concertista desenvólvese entre os días 29, 30 e 31 de maio e cunha estructura similar á categoría xuvenil. O día un de xuño terá lugar o acto de clausura no auditorio do Centro Social Caixanova coa entrega de premios e un concerto ofrecido polos premiados nas diferentes categorías, concerto que formará parte do Festival Internacional de Piano Vigo 2005.

Festival Internacional de Piano

O concerto do artista e director do "Instituto Musicale Comunale" en Grosseto, o italiano Antonio Di Cristofano, retoma a serie de eventos musicais que, enmarcados no programa cultural de Vigo 2005, comezaron o pasado 19 de abril coa actuación de Leonel Molares. Dentro da programación do Festival Internacional de Piano actuarán en Vigo ao longo desta semana os recoñecidos pianistas Francesco Monopoli (27 de maio), Pierluigi Camicia (28 de maio), Enrique Bátiz (29 de maio), Giovanni Humberto Battel (30 de maio) e o gañador do 5º Concurso Internacional de Las Rozas de Madrid, Evgueni Starodoubtsev.
Descargar todas as imaxes