A actuación de Di Cristofano dará continuidade ao Festival Internacional de Piano
Despois da inauguración a cargo de Leonel Morales, o Festival Internacional de Piano Vigo 2005 continua o seu programa coa actuación de Antonio Di Cristofano, mañá xoves 26 de maio a partir das 20:00 no Auditorio do Concello. Esta actuación servirá tamén de apertura ao Concurso Nacional de Piano de Vigo.

Antonio di Cristofano finalizou os seus estudos de piano en 1986 no conservatorio "L.Cherubini" de Florenza, baixo a supervisión do mestre Bacchelli. Gañou diferentes premios en distintos concursos, como o "F.Schubert", en Turin, e o sexto e o sétimo concurso de Xénova.
Perfeccionouse co mestre Damerini na academia "Musicus Novus". Actuou como solista coa Orquestra de Cámara "C. Cavalieri", a Orquestra Sinfónica de Grosseto, a Orquestra Filarmónica Marchigiana, a Orquestra da Universidade de Milan, a Orquestra de Corda "Cantelli" de Milan, a Orquestra de Cámara de Florenza, a Orquestra de Cámara La Spezia, a Orquestra "Ciaikovsky" (Rusia), a Orquestra of Pazardijik (Bulgaria), a Filarmónica de Valcea, Craiova, Bacau, Ploiesti (Romanía), a Orquestra Sinfónica do Estado de México , a Grande Orquestra Moores da Universidade de Houston (USA), etc.
Antonio di Cristofano ten actuado con directores como G. Taverna, F. A. Krager, R. Postavaru, O. Balan, E. Bátiz, G. Lanzetta, e moitos outros. Tocou en Italia nos máis importantes festivais, "Academy of Arts" (Boloña) , "Verdi Theatre" (Florenza) , "Barberini Palace" (Roma), "Albrizzi Palace" (Veneza), "Festival dei Due Mondi" (Spoleto), "Chiabrera Theatre" (Savona), "Asolo Musica", "Bibbiena Theatre" (Mantova), "Puccini Hall" no conservatorio "G.Verdi" (Milán), e outros.
Fóra do Italia ten tocado en Romanía (Filarmónica Oltenia – Craiova, Sala Atenieu Bacau, Sala Lahovari – Valcea, etc.), España (Mallorca, Capdepera), México (Sala Villanueva e Teatro S. Benito Abad – Toluca e Cautitlan), Inglaterra (25° East Anglian Summer Music Festival), USA (University of Houston – University A&M of College Station), entre outros.
Grabou CDs de música contemporánea para a Bongiovanni Records, Miki Mako Records e Emi Classics. É artista e director do "Instituto Musicale Comunale" en Grosseto e do Concurso Internacional de Piano "A. Scriabin". Ademais, é invitado con frecuencia como xurado nos distintos concursos nacionais e internacionais.
Descargar todas as imaxes