Escoitar

O pleno sorteu a composición das 372 mesas electorais das eleccións galegas do próximo 18 de febreiro

O pleno da corporación municipal de Vigo celebrou este luns a sesión protocolaria do sorteo para formar as 372 mesas dos 80 colexios electorais conformados en Vigo con motivo das eleccións á presidencia da Xunta do día 18 de febreiro. O censo electoral, a 1 outubro de 2023, ascendía a 236.000 persoas.

luns, 22 xan 2024

Os corporativos de Vigo celebraron esta mañá o pleno onde levou a cabo sorteo para elixir aos presidentes e vogais das mesas electorais que se constituirán para os comicios galegos do 18 de febreiro. Os membros a elixir para as mesas suman 3.348 persoas. 
A partir de agora ábrese un prazo de tres días de notificación aos seleccionados.
A corporación seguiu o procedemento establecido polo que os edís do PSOE, PP e BNG dixeron, por quenda, en voz alta e ao azar un número entre o 1 e o 999. Así se determinaron 9 cifras iniciais e outras 3 adicionais para suplentes ante posibles renuncias.
Un programa informático fixa ao azar, cos números determinados no pleno, aos elixidos en cada unha das 80 mesas .

Descargar todas as imaxes