xoves, 21 ago 2025
A Xunta de Goberno aprobará a apertura do trámite de consulta pública para a elaboración e aprobación da ordenanza da tasa turística. Abel Caballero sinalou que os turistas pagarán unha "cantidade moi menor" en comparación ao que custan as estancias, “é o equivalente a tomar un café".
luns, 18 ago 2025
Abel Caballero deu conta esta mañá que os hoteis de Vigo alcanzaron unha ocupación do 97% durante a ponte, pondo en valor "a capacidade de atracción de Vigo". O alcalde tamén cualificou este "cheo total" como "un nivel supeperlativo", unha mostra de que a cidade é "unha potencia turísitica".
luns, 18 ago 2025
O alcalde participou na presentación xunto á organización, ACOPEVI, nunha festa que volve ao porto pesqueiro do Berbés.
martes, 5 ago 2025
Vigo rexistrou o pasado mes de xullo o mellor dato de ocupación hostaleira co 85,85 por cento das prazas contratadas. “Batemos o récord que houbo nunca de ocupación hostaleira en xullo”, segundo recalcou este martes o alcalde.
martes, 8 xul 2025
O alcalde e os concelleiros de Turismo e Xuventude e Comercio e Festas Especiais reuníronse hoxe coa nova directiva da Asociación de Hostalería de Vigo, AHOSVI. Presidida por Daniele Provezza, os directivos expuxeron os seus novos proxecto á vez que analizaron con Abel Caballero os bos datos de ocupación hostaleira da cidade, tanto no verán como no inverno coa programación de Nadal. "Turismo amable e de calidade", subliñou o rexedor. As estimacións municipais para este verán é chegar ata o 90% de ocupación hoteleira.
luns, 23 xuñ 2025
O alcalde cifrou esta mañá en 6,3 millones de visitantes dun día a afluencia turística da pasada campaña de Nadal. O Concello anunciou esta mañá que en próximos días se publicará a convocatoria do tradicional mercadiño da Praza Compostela.
xoves, 19 xuñ 2025
O alcalde visitou este xoves o Centro de Interpretación da candidatura das Illas Cíes a Xeoparque Mundial da Unesco, situado na Oficina Municipal de Turismo na rúa López de Neira, desde onde se achegará á cidadanía e aos visitantes os valores do arquipélago.
martes, 10 xuñ 2025
Un informe elaborado por Zona Franca destaca que deses 847 millóns, 230 correspóndense con expositores galegos e cifra en 163 millóns o volume de negocio proxectado en Vigo e na súa área. As instalacións do Consorcio acolleron esta mañá a presentación das conclusións do estudo de impacto socioeconómico da última edición de Conxemar.
luns, 2 xuñ 2025
No balance de goberno reivindicou o Nadal, así como a Reconquista – na que se conseguiu a Declaración de Festa de Interese Nacional – ou os concertos de Castrelos, “cos artistas máis relevantes do panorama actual”. O alcalde puxo en valor os premios que recibe a cidade por obras como o HALO ou a nova potabilizadora: “Cada vez que nos presentamos a algo gañamos”. Outra gran acción no medioambiente foi a transformación de VigoZoo en VigoNature, unha gran aula de educación ambiental e o traballo para que as Illas Cíes sexan declaradas Xeoparque Mundial da UNESCO.
martes, 6 mai 2025
O servizo de limpeza de praias de Vigo, que se despregará durante toda a tempada estival, xa está operativo, segundo anunciou o alcalde ao explicar que os medios que utilizará o Concello permitirán á cidadanía contar cuns areais “impolutos”.