mércores, 16 mar 2022
O alcalde e o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, mantiveron unha xuntanza coa nova Asociación Vigo Gastronómico. Foi una primeira toma de contacto coa entidade, nova en Vigo, e na que presentaron o seu proxecto aos dirixentes municipais.
venres, 4 mar 2022
O certame gastronómico, que se enmarca na celebración da festa da Reconquista, conta nesta nova edición coa participación de 29 locais de hostalería, que agardan a visita dos comensais para puntuar as súas tapas.
xoves, 10 feb 2022
Abel Caballero e o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, participaron este xoves na presentación do vídeo promocional da entidade para este 14 de febreiro. O alcalde aproveitou o acto, celebrado en Rosalía de Castro, para anunciar a instalación dun busto da poetisa e novelista galega na rúa que leva o seu nome.
martes, 8 feb 2022
O alcalde mantivo un encontro este martes con José Manuel Fernández Alvariño, director xeral, e José Enrique Elvira, presidente do comité organizador do Salón do Automóbil e a Motocicleta de Vigo, que celebra a súa trixésima edición este ano 2022. A cita terá lugar no Ifevi entre o 27 de abril e o 1 de maio reunindo unha trintena de marcas de coches e motos dos concesionarios oficiais da comarca.
luns, 24 xan 2022
As Federacións de Hostalería de Pontevedra e Vigo e a Federación de Comercio da cidade homenaxean a Abel Caballero polo seu compromiso co sector
venres, 21 xan 2022
O alcalde achegouse este venres ata o mercado municipal das Travesas, onde tivo lugar á entrega dun coche á gañadora do sorteo organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios, coa colaboración de Rodosa.
martes, 18 xan 2022
As dúas xornalistas viguesas participan este xoves no acto que o Concello organiza no stand de Turespaña na feira para amosar as potencialidades turísticas da cidade co Nadal e a campaña Cíes, Patrimonio da Humanidade como “grandes bandeiras”.
venres, 14 xan 2022
Abel Caballero trasladou este venres as cifras, computadas a través de teléfonos móbiles que pasaron polo centro de Vigo desde o 20 de novembro, inicio do alumeado, ata o pasado domingo, 9 de xaneiro. “O dato mostra a fortaleza tan importante do Nadal en Vigo”, valorou o alcalde.
xoves, 9 dec 2021
Na propia praza do Calvario, este xoves foi presentada a imaxe que viste o boleto do sorteo do próximo martes, 14 de decembro. Cinco millóns e medio de cupóns levarán por España ao popular mercado municipal vigués, como parte da serie “Este es tu mercado” promovida pola ONCE.
venres, 3 dec 2021
Abel Caballero asistiu este venres á inauguración do novo servizo da Navieira Mar de Ons co que a pasaxe poderá gozar de paseos marítimos pola ría nun ambiente típico do Nadal pensado para toda a familia. As nenas e nenos, ademais, poderán saudar a Papá Noel ou ao Paxe Real neste cruceiro navideño que prestará serrvizo ata o mes de xaneiro.