O alcalde valora a importancia do deporte na visita ao campamento de Samil
Abel Caballero achegouse este venres ao campamento municipal que se desenvolve en Samil, onde nenas e nenos de entre 4 e 17 anos participan en diferentes actividades, principalmente de carácter deportivo. Na conversa que mantivo coa cativada e cos monitores puxo en valor os beneficios da práctica deportiva, de calquera disciplina, para o desenvolvemento persoal e para a saúde física e mental de toda a cidadanía. O programa Verán Xove 2023 do Concello ofrece este ano máis de 4.600 prazas para favorecer a conciliación familiar e laboral.