Caballero eloxia "Cuando acaba el día", a mostra de Concha Martínez Barreto no MARCO
Abel Caballero defendeu con firmeza esta mañá no MARCO a liberdade de expresión cultural durante a inauguración de Cuando acabe el día, unha mostra de Concha Martínez Barreto. Estivo acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva e o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez.

O alcalde, acompañado por Carmela Silva e Gorka Gómez, participou esta mañá na inauguración da exposición de Concha Martínez Barreto Cuando acaba el día, que lucirá no MARCO ata o próximo 14 de xaneiro. Durante a súa intervención, o alcalde defendeu a liberdade na creación artística e eloxiou a calidade dos traballos esta pintora murciana. A obra de Concha Martínez Barreto destaca pola súa fidelidade a un núcleo de temas e obsesións que, mediante técnicas moi diversas, instálanse ineludiblemente entre o pasado e o vivencial.
Cuando acaba el día, comisariada polo director do museo, Miguel Fernández-Cid, remite a un tempo nocturno, entendido como ese lugar de soidade e despoxamento do superfluo onde a artista se reencontra co pasado, co escondido e cos medios máis primarios. O proxecto concibido para o MARCO é o máis ambicioso na traxectoria de Martínez Barreto e está articulado, como é habitual nas súas exposicións, a través de traballos pictóricos, fotográficos e escultóricos.


