luns, 6 mar 2023
Abel Caballero recibiu esta mañá aos promotores do III Congreso Knotgroup “Los Orígenes” que se desenvolverá en Vigo no mes de de maio. Máis de 20 especialistas en odontoloxía e estomatoloxía exercerán de relatores na sede de Afundación para afondar na relación entre esta especialidade e outras disciplinas médicas.
venres, 3 mar 2023
A 32ª edición do Salón do automóbil e a motocicleta de Vigo celebrarase no IFEVI do 8 ao 12 de marzo.
venres, 3 mar 2023
Abel Caballero deu conta do proxecto que inclúe, entre outras cuestións, a renaturalización do litoral, a humanización da rúa do Pazo e traballos para que a Brincadeira sexa Festa de Interese Turístico Galego. O Concello solicita 2.032.000 euros na convocatoria do Ministerio de Industria Comercio e Turismo no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU.
venres, 24 feb 2023
Abel Caballero congratulouse polos datos do Instituto Nacional de Estatística, que sitúan a Vigo a cabeza do turismo en Galicia no mes de xaneiro.
xoves, 16 feb 2023
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto da reforma do Mercado de Teis, cofinanciado cos fondos europeos Next Generation EU enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
mércores, 8 feb 2023
O edil de Comercio, Ángel Rivas sinalou que “trátase dun evento para todos os públicos no que se poderá gozar de varias exposicións de coches e motos clásicas”.
martes, 7 feb 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá as cifras en redes sociais da campaña que a cidade levou a FITUR, baixo o lema “Millóns de visitantes acredítannos”.
venres, 3 feb 2023
Os hoteis da cidade rexistraron no primeiro mes deste 2023 unha ocupación do 50% da súa capacidade, cunha estadía media de 1,7 días, mentres as compañías que operan no aeroporto de Vigo tiveron unha ocupación media superior ao 50%.
venres, 27 xan 2023
Na noite de onte os representantes da hostalería e o comercio renderon onte unha homenaxe ao Concello de Vigo en recoñecemento ao éxito do Nadal
martes, 24 xan 2023
Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman o Nadal de Vigo como unha potencia turística, situando a Vigo como a primeira cidade de Galicia. O Ministerio de Transportes, mediante seguimento de sinais móbiles, situou en máis de 47.000 os visitantes diarios a cidade.