Escoitar

Abel Caballero: “O vídeo promocional que presentamos en FITUR chega case ao medio millón de reproducións”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá as cifras en redes sociais da campaña que a cidade levou a FITUR, baixo o lema “Millóns de visitantes acredítannos”.

martes, 7 feb 2023

A campaña de Vigo en FITUR, co seu vídeo promocional a través das redes sociais (coas contas de Youtube do Concello e Turismo e Instagram, Facebook e Twitter do rexedor), “tivo un recorrido”, como sinalou Caballero.

Este recorrido medido entre o 19 ao 26 de xaneiro, mostran moi bos datos nas principais métricas. Así, obtivo 639.613 impresións (número de veces que se mostraron as publicacións), elevando a cifra con respecto as 421.525 do ano pasado. En canto as interaccións (número de veces que un usuario interactuou cas publicacións, con comentarios o indicando que lle gusta), a cifra supera con creces a de 2022 (18.662), chegando aos 129.173.

As reproducións do vídeo chegaron “practicamente, ao medio millón de reproducións”, situándose nas 493.365, que en 2022 foron 127.847. Analizado polas diferentes redes sociais, en Youtube alcanzáronse 294.816 visualizacións, destacando que o 87% viron o vídeo completo; nas redes de Meta (Facebook e Instagram) tivo 129.633 visionados e finalmente, 68.712 en Twitter. Como resinou o alcalde, todas estas cifras “poñen de relevo a importancia adquirida por Vigo no ámbito turístico”.

Descargar todas as imaxes