Escoitar

O Concello estima que a práctica totalidade das familias solicitou a axuda para libros

O alcalde deu conta este martes do cálculo estatístico realizado polo persoal municipal, unha vez revisada a terceira parte das solicitudes presentadas polas familias para recibir a bolsa de libros.

martes, 7 feb 2023
Caballero comparece en rolda de prensa este martes
Caballero comparece en rolda de prensa este martes

A convocatoria das axudas a libros para alumnado de Ensino Primario e Secundario “vai a bo ritmo”, unha vez finalizado o prazo de solicitude coa previsión de iniciar o pago das bolsas de 205 euros por familia “neste mes de febreiro”.

Tal e como explicou o rexedor, o Concello recibiu 16.647 solicitudes e, revisada a terceira parte das rexistradas, facendo un cálculo estatístico sobre esta parte, a estímase que poderán sumar 25.000 solicitudes das 25.800 nenas e nenos que estuda Primaria e Secundaria “practicamente a totalidade dos pais e nais solicitaron a beca”.

Amais, Caballero avanzou que o goberno municipal está traballando na convocatoria das bolsas de libros para nenas e nenos censados en Vigo que estudan en centros educativos fóra da cidade o ensino Primario e Secundario obrigatorio e “haberá convocatoria máis ben pronto que tarde. Tamén terán os 205 euros”.

Descargar todas as imaxes