- Xunta de Goberno Local
- Alcaldía
- Turismo e Comercio
- Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Vigo presenta o proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas aos fondos europeos de Turismo
Abel Caballero deu conta do proxecto que inclúe, entre outras cuestións, a renaturalización do litoral, a humanización da rúa do Pazo e traballos para que a Brincadeira sexa Festa de Interese Turístico Galego. O Concello solicita 2.032.000 euros na convocatoria do Ministerio de Industria Comercio e Turismo no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU.

O Concello de Vigo concorre á convocatoria do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, enmarcada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado cos fondos europeos Next Generation EU, co proxecto para a revitalización do casco histórico de Bouzas.
A Xunta de Goberno aprobou a participación de Vigo cunha solicitude de 2.032.000 euros para seguir catro eixos estratéxicos na súa acción no conxunto patrimonial e histórico de Bouzas: transición verde e sostible, mellora da eficiencia enerxética, competitividade e transición dixital.
Con todo, Abel Caballero detallou que o proxecto para o casco histórico de Bouzas inclúe a renaturalización do litoral “que conéctase coa obra que estamos a facer de recuperación coa creación de espazos verdes e plantación de especies autóctonas de arborado”. Tamén haberá un plan de residuos para os establecementos hostaleiros para a recollida de lixo “porta a porta”.
Tamén se humanizará a rúa do Pazo “para primar o tránsito peonil e renovación de saneamento e abastecemento”. Outro dos puntos será a transformación da iluminación do casco histórico para transformala en artística, funcional e patrimonial de xeito eficiente.
O goberno local tamén aposta pola dixitalización, coa creación dun microsite para a promoción e información para o turista do casco histórico de Bouzas e a Brincadeira con recursos dixitais do patrimonio cultural, natural e inmaterial.
Precisamente, a Brincadeira é un dos proxectos que o goberno local preparar con estes fondos para a súa declaración de Interese Turístico Galego. “É un éxito e unha romaría urbana polo que temos que darlle un impulso”, comprometeu o rexedor.
Toda a acción estará documentada nun ente xestor encargado da avaliación do impacto e seguimento da xestión “para impulso de toda a acción comercial, turística e da hostalería e das festas de Bouzas”, concluíu


