Escoitar

O goberno municipal avanza no “corredor mecánico desde o mar ata o Barrio de Ribadavia”

A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de obras Vigo Vertical de implantación de ramplas mecánicas na rúa Escultor Gregorio Fernández, un proxecto financiado con fondos Next Generation EU do Goberno de España, que se asignan no programa de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas.

venres, 3 mar 2023
O rexedor durante a rolda de prensa deste venres no Concello
O rexedor durante a rolda de prensa deste venres no Concello

Tal e como explicou o alcalde, a obra ten un orzamento de 2.674.000 euros, dos que o Concello solicitou dous ao Goberno de España, que lle concedeu 1,9 millóns, polo que a achega municipal se sitúa nos 488.000 euros. O prazo estimado das obras é de 11 meses.

A actuación desenvolverase ao longo de toda a rúa, coa instalación de 5 ramplas mecánicas que salvan 15 metros de altura e 1,10 metros de ancho. Amais, substitúese o aparcamento en liña por aparcamento en batería, renóvase a da rede de augas fecais e complétase a rede de pluviais, crearanse zonas axardinadas cunha superficie total de 60 metros cadrados, renovarase a iluminación pública, instalarase nova sinalización horizontal e vertical.

O alcalde explicou que as novas ramplas permitirán configurar un “gran corredor mecánico desde o mar ata a zona máis alta de Vigo no barrio de Ribadavia”, ao enlazar a futura rampla de Serafín Avendaño, co ascensor Halo ata Vialia, a rampla de Escultor Gregorio Fernández, o ascensor de San Salvador ata Pizarro e desde Pizarro o ascensor e pasarela a Ribadavia, “un corredor desde a zona máis habitada ata o barrio de Ribadavia”, sinalou.

Demolición emisario antiga EDAR

Amais, a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de demolición do emisario da antiga EDAR do Lagares que xa non está operativo, unha vez que entrou en funcionamento a nova depuradora. O antigo emisario quedou descuberto na desembocadura do Lagares, logo dos temporais e é “esteticamente insoportable” á vista da cidade.

O rexedor durante a rolda de prensa deste venres no Concello
Descargar todas as imaxes