venres, 3 mar 2023
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á memoria xustificativa da contratación do servizo de redacción do Plan Especial de Protección do Ensanche Histórico de Vigo e a vindeira semana recibirán luz verde os pregos da redacción do instrumento.
venres, 3 mar 2023
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de obras Vigo Vertical de implantación de ramplas mecánicas na rúa Escultor Gregorio Fernández, un proxecto financiado con fondos Next Generation EU do Goberno de España, que se asignan no programa de axudas para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas.
venres, 3 mar 2023
O alcalde informou este venres da programación de educación ambiental municipal para o período que comprende deste este mes de marzo e ata o mes de xuño na que medran as saídas e os desprazamentos serán completamente gratuítos.
venres, 3 mar 2023
No día de hoxe, o rexedor achegouse ata o Estadio Municipal de Balaídos para comprobar de primeira man as derradeiras tarefas de construción da nova grada.
venres, 3 mar 2023
Abel Caballero visitou as instalacións da planta de Borgwarner en Vigo. Representantes da factoría, que desenvolve tecnoloxías de motores para mellorar a economía de combustible, as emisións e o rendemento para o sector da automoción, recibiron as autoridades para amosarlles as iniciativas que están a desenvolver cara ao futuro. O alcalde puxo en valor a capacidade empresarial da multinacional que desenvolve proxectos de I+D aplicados ao automóbil.
venres, 3 mar 2023
Os expertos en Xeriatría e Xerontología debaterán, os vindeiros 9 e 10 de xuño no Museo Verbum, sobre soidade non desexada e como facer fronte a este problema social.
venres, 3 mar 2023
A 32ª edición do Salón do automóbil e a motocicleta de Vigo celebrarase no IFEVI do 8 ao 12 de marzo.