Escoitar

Vigo recibe dous millóns de euros para o turismo e comercio de Bouzas

O BOE publica os proxectos aprobados no Plan de Sostenibilidade Turística 2023 aprobados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiados cos fondos europeos Next Generation EU.

mércores, 31 mai 2023

Abel Caballero deu conta da publicación no BOE dos plans de sostenibilidade turística aprobados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Bouzas terá unha inversión de dous millóns de euros por parte do Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

O alcalde sinalou que estes fondos están adicados á “reactivación de Bouzas como destino turístico, comercial e con novas renaturalizacións por todo o barrio, con novos espazos verdes na zona do paseo”. O proxecto mellorará zonas verdes, recollida porta a porta de residuos, nova iluminación, humanización da rúa do Pazo, promoción dixital de Bouzas e o casco histórico, difusión da festa da Brincadeira para ser Festa de Interese Turístico de Galicia.

Caballero puxo de manifesto o interese turístico que ten a cidade de Vigo e o traballo que está a facer o goberno local para estender a zona de influencia: “Somos unha cidade turística, co Nadal, o resto de festas e o verán. Imos delimitando zonas que permitan a extensión do turismo. Fixémolo co Vialia ampliando a Teis e o Calvario e agora é a quenda de Bouzas”, concluíu.

Descargar todas as imaxes