As rúas Aragón e Romil, abertas ao tráfico tras finalizar as obras de humanización
O alcalde informou esta mañá do remate dos traballos de humanización en ámbalas vías, que recuperan deste este venres a normalidade circulatoria.

A rúa Aragón queda este venres aberta ao tráfico coa consecución das obras da cuarta fase de humanización, a excepción do traballo de pintado, que está a expensas da situación meteorolóxica. O tramo comprendido entre o número 185 e o cruzamento con Travesía dos Rosais, cun orzamento superior aos 623.000 euros, sufriran un atraso sobre o prazo previsto por problemas na canalización das liñas eléctricas.
Ademais, deste este venres queda aberta ao tráfico a rúa Romil, onde están rematando os traballos de xardinería que recolle o proxecto de humanización cun orzamento de 1.250.000 euros, unha parte deles procedentes dos Fondos Europeos Next Generation EU dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A humanización da rúa permite a rexeneración e o acondicionamento do espazo urbano, a mellora da mobilidade peonil, eliminando obstáculos para mellorar a accesibilidade, e a mellora da seguridade dos peóns na contorna, onde existe un centro educativo e unha instalación deportiva.






