O alcalde saúda ao alumnado do Correlingua 2023
A carreira polo galego iniciou o percorrido polas rúas de Vigo este luns na Praza do Rei onde Abel Caballero saudou ás nenas e nenos participantes nesta nova edición do Correlingua, que pasará por 12 localidades galegas durante o mes de maio. Alumnado de 14 centros educativos, de Educación Infantil e Primaria e de Ensino Secundario conformaron remataron a andaina no Parque de Castrelos onde gozaron de diferentes actuacións.